+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio A cociña

A nosa cociña

A nosa cociña

Desde o noso servizo de restauración ofrecémoslle aos nosos hóspedes cociña rexional caseira, tradicional w coa filosofía “quilómetro cero”.

No pequeno comedor da casa poderá degustar os máis exquisitos pratos da abundante e variada cociña galega, preparados sempre para a ocasión baixo reserva previa. 

Segundo a época, utilizamos verduras, hortalizas e outros produtos da horta de agricultura biolóxica dos veciños da nosa aldea.

Encantados servirémoslle cada día o noso almorzo continental a base de zume natural, froitas frescas, biscoitos caseiros, pan artesán, queixos do país, galletas da casa, marmeladas de elaboración propia, ovos de produción ecolóxica fritos o cocidos, café con leite ou colacao, infusións e outros produtos de tempada.

HORARIOSERVIZOPREZO
de 8:30 h a 10:30 hAlmorzo9 €
de 20:00 h a 22:00 hCea (baixo reserva)22 €
A nosa cociña

Os menús de comida e cea inclúen: primeiro prato, segundo prato, sobremesa caseira, bebidas, pan, café/infusións e chopiño.

Tamén cociñamos por encargo para eventos profesionais, xantares, reunións de empresa e vodas íntimas.. unha solución práctica e funcional.

** De acordo ao regulamento nº 1169/2011 de información de alérxenos:

Do Artesanato CAC informa aos seus clientes, que os menús ofrecidos no noso establecemento poden conter: glute, lácteos, ovo e  froitos secos ou outros. Se necesita produtos libres destes alérxenos por favor informe ao persoal con anterioridade para poder ofrecerlle unha comida adaptada.

Tamén dispoñemos de carta (reserva 48 horas)