+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Reservas Condicións de reserva

Condicións de reserva

RESERVAS

Se viu o noso calendario de ocupación e verificou a dispoñibilidade para as datas da súa estadía pode realizar a reserva on-line seleccionando data de entrada, nº de noites, habitación/s elixida/s, número de prazas e efectuar o pago do anticipo coa súa tarxeta de crédito ou por transferencia bancaria.

Pode chamarnos por teléfono ao +34 981 851 009 (09:00h – 23:00h), atenderémolo de forma personalizada. Indicarémoslle como proceder para facer efectiva a reserva e realizaremos os trámites remitindo xustificante de pago e confirmación de reserva ao seu correo electrónico. Se o prefire emitiremos ficha pre-reserva ao seu email coa valoración e os datos bancarios onde ingresar ou transferir nas seguintes 72  horas o 40% do importe total dos servizos reservados. Confirmaremos o seu ingreso remitindo ficha de reserva ao seu e-mail.

A aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. Á a anulación da reserva aplicaránselle as seguintes porcentaxes de retención:

  • 50% se se anula dende 15 e ata 7 días antes da data de entrada
  • 100% cando se anule 7 días antes ou menos de la data de entrada.
As tarifas especiais dos "Días Verdes", e demais ofertas que se publiquen nesta web serán aplicables para as datas que en ditas ofertas se especifiquen. Revise a información en prezos e vexa o calendario dos Días Verdes.

Os prezos non sufrirán alteración no ano en curso e servirán de referencia os publicados nesta web. O IVE está incluído no importe da reserva.

O cliente comprométese ao pago íntegro dos días contratados abonando o resto da estadía á saída. En caso de anulación ou saída anticipada o cliente perde o importe total do anticipo realizado a conta da reserva.

Para reservar no noso aloxamento, debe ter como mínimo 18 anos. O hotel puede negar a admisión aos clientes que viaxan xuntos se non hai polo menos un adulto con 18 anos cumpridos.

ESTADÍAS

    • Entrada a partir das 14:00h. Se prevé chegar máis tarde das 20:00h, por favor, contacte co aloxamento no +34 981 851 009.
    • Saída ata 12:00h.
    • Non recepción 24h. Horario de atención 09:00h – 23:00h.
    • O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado. Se se produce algún dano o cliente debe comunicalo á maior brevidade.
    • Non está permitido fumar no interior da casa.
    • Garde silencio a partir das 00:00 horas para respectar o descanso dos outros hóspedes.