+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio A casa Quen somos

Quen somos

Q de calidade Casa Perfeuto María

DO ARTESANATO é unha empresa familiar con sede en Outes (A Coruña) na que vimos desenvolvendo actividades relacionadas co turismo rural e as actividades de lecer na natureza desde o ano 1998.

Como aloxamento rural Casa Perfeuto María nace tras unha longa espera de maduración do proxecto familiar que as fillas de Perfeuto e María (Carmen e Hermosinda) e os seus netos (Manuel e China) con axuda de parentes, veciños e amigos conseguimos dar luz. E agora xa levamos dende o ano 2001 compartíndoo cos nosos hóspedes.

O noso afán pasa por mellorar cada día; a casa, as instalación e os pequenos detalles para que te sintas realmente a gusto. Atentos para escoitar as túas suxestións pois cada vivencia é unha fonte inesgotable de ideas que nos poden axudar a mellorar.

Gozarás da nosa casa se che gusta:

  • O cambio das estacións.
  • Gozar dun bo libro.
  • Sentir o feitizo do lume.
  • O slow travel.
  • Inundarte de silencio.
  • Non che gustará se non podes pasar sen televisión, locais de marcha, zapatos de tacón e ver e ser visto.