+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Reservas Condicións do servizo

Condicións do servizo

LIMPEZA | 10:00 a 15:00

O servizo de limpeza realízase entre as 10:00h e as 15:00h. Se non desexa que se leve a cabo este servizo, colgue o cartel de “no molestar” no pomo exterior da porta.

O cambio de lencería realizarase cada 3 días por conta do noso servizo de limpeza.

Os baños carecen de produtos de hixiene e cosmética salvo, xabón, xel e xampú, secador de pelo, papel hixiénico e xogo de toallas que se encargará de repoñer o noso equipo de limpeza.

ALMORZOS | 9:00 a 11:00

O horario de almorzos é de 9:00 a 11:00 horas (é preciso reservar con antelación).

** De acordo ao regulamento nº 1169/2011 de información de alérxenos:

Do Artesanato CAC informa aos seus clientes, que os almorzos ofrecidos no noso establecemento poden conter: glutn, lácteos, ovo e froitos secos. Se precisa produtos libres destes alérxenos por favor informe ao persoal con anterioridade para poder ofrecelrle un almorzo adaptado.

CEAS | 20:30 a 22:30

O horario de cea é de 20:30h a 22:30h. Recíbense reservas ata as 19:00. Peche de comedor 23.00h

** De acordo ao regulamento nº 1169/2011 de información de alérxenos:

Do Artesanato CAC informa aos seus clientes, que os almorzos  ofrecidos no noso establecemento poden conter: glute, lácteos, ovo e froitos secos. Se necesita produtos libres destes alérxenos por favor informe ao persoal con anterioridade para poder ofrecerlle un almorzo adaptado.

CONDICIÓNS PARA O ALOXAMENTO CON MASCOTAS

Poderá viaxar coa súa mascota por tan só 6€/noite de recargo e que esta durma na súa habitación seguindo estas instrucións:

  • Non poderá levarse ao comedor durante os servizos de almorzo, xantar e cea.
  • A mascota debe dispoñer do seu transportín ou ben traer a súa cesta ou manta onde adoite durmir para que no se sinta estraña e por suposto non utilice as camas.
  • Non poderá quedar soa na habitación cando os seus amos saian.
  • O seus amos son responsables dos danos que sufra a mascota por morder cables ou outros incidentes e tamén dos prexuízos que ocasione.

O aloxamento con mascotas ten un custo adicional de 6€/noite en Casa Perfeuto María.

CONSUMO RESPONSABLE

TOALLAS – Os deterxentes son un factor importante na contaminación das augas

  • Por favor se considera que pode usar as súas toallas un día máis colóqueas nos colgadoiros, do contrario, déixeas na bañeira e cambiarémosllas.

CALEFACCIÓN – Caldear as casas supón un alto custo ao medio ambiente.

  • Non utilice a calefacción coas ventás abertas.
  • Non pretenda ir en manga curta en inverno a costa de caldear moito o interior.

ILUMINACIÓN – Aforrar enerxía eléctrica é aforrar contaminación.

  • Apague as luces cando non as necesite. Se cre que é o último en abandonar unha habitación, asegúrese de que as luces queden apagadas.

LIXO

  • O inodoro non é un bo sistema de eliminación de residuos.
  • Por favor, utilice as papeleiras.
  • Cando saia ao campo, non tire cabichas, papeis, latas,…, que contaminen e deterioren a beleza destas paraxes.

COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE ENTRE TODOS!

Agradecerémoslle calquera tipo de suxestión pola súa parte para mellorar os nosos servizos e instalacións.

Ante calquera imprevisto ou indisposición, non dubiden en contactar con nós.

Recepción: + 34 981 851 009 | reservas@doartesanato.com